Que ofrece o noso concello á xuventude?

 Ola de novo curiosos e curiosas! A entrada de hoxe vai falar sobre que nos ofrece o concello de Monfero se estamos empadroados nel, e a verdade e que, aburrir, non vos ides aburrir, eso asegurado.

O noso concello ofrécenos de forma gratuita e grazas a subvencións, moitas actividades durante todo o ano, as cales vos vou comentar por idades.

-Para os máis pequenos (de 3 a 10 anos +/-): campamentos polas mañáns de verán, nos cales fan actividades divertidas, educativas...

-Para a xuventude de entre 7 e 18 anos: aquí é onde atopamos o maior número de actividades, tales como: 

*Campamentos de inverno: imos a esquiar a San Isidro (León) durante tres días.



*Campamentos de verán: imos durante unha semana a calquera parte de España ou Portugal e realizamos actividades de risco como grandes tirolinas, salto en negativo, espeleobarranquismo... adaptadas á idade de cada un, actividades máis tranquilas como montar a cabalo, facer xogos, andainas, kaiak... e tamen sempre se lle dedica un día a coñecer o lugar no que estamos visitando museos ou facendo xogos recorrendo ese lugar.



*Patinaxe sobre xeo.

*Visitar as termas de Ourense.

*Visitar o akuapark de Cerceda.



*Outras actividades puntuais: como por exemplo visitar pequenos parques de atrccións...

-Para xente de calquer idade: o concello ofrece rutas a pe, en bici, en kaiak... circuito multiaventuras... nos cales ao rematar a xornado nos ofrecen tamén comida, bebida, e camisetas para recordar o día.




Para rematar, decirvos tamén que dispoñemos dunha piscina municipal, á cal pode acceder gratuitamente xente empadroada en calquer concello.




E ata aquí a entrada de hoxe! Espero que vos seña de utilidade esta información, que pasarades un tempiño entretidos e, una vez máis, que vos animedes a coñecer este tan fermoso concello de Galicia.

Grazas por ver o meu blog e ata a seguinte!


Comentarios

Publicar un comentario