As nosas festas!
Ola de novo curiosos e curiosas! A entrada de hoxe vai falar sobre as festas que temos ao longo do ano en Monfero (tanto as que se fan como algunhas que xa non). Espero unha vez máis que desfrutedes descubrindo este fermoso lugar e uncluso que algún día nos visitedes!
Imos ir por parroquias e comenzamos por...:
-O Alto de Xestoso: nesta parroqui celébranse tres festas que son: Nosa Señora a mediados de setembro en A Graña, San Cosme a última semana de setembro en O Ferro e Santa Bárbara a mediados de decembro tamén en O Ferro.
-O Val de Xestoso: catro festas: San Ildefonso a finais de xaneiro en Xiao, a Feira do Grelo en febreiro en O Canedo, San Pedro a finais de xullo en O Canedo e a Romaría dos Remedios a principios de setembro en O Canedo tamén.
-Queixeiro: dúas festas: O Rosario a segunda semana de outubro en Vite e San Xurxo a finais de abril tamén en Vite.
-San Fiz: esta é a parroquia que máis festas ten, chegando a 7: San Xulián a primeira semana de xaneiro en Lagares, a Festa da Xuventude a última semana de abril en San Fiz (igrexa), a Pascua o sábado e o domingo de pascua en San Fiz (igrexa), a Romaría da Virxe da Cela (a nosa festa máis importante en todo Monfero) a principios de xullo en San Fiz (mosteiro), o San Fiz a comezos de agosto en San Fiz (igrexa), San Miguel a última semana de setembro en Lagares e o San Roque a finais de outubro en O Xestal.
-Santa Juliana: é unha parroquia moi pequeniña e so conta con unha festa que, de feito, xa non se fai: o San Roque a mediados de xullo en O Outeiro.
-Taboada: conta con dúas festas: San Blas a comezos de febreiro en A Áspera e Santa Mariña a mediados de xullo, tamén en A Áspera.
-Vilachá: para rematar, esta parroquia, a cal conta con tres festas: o Carnaval o domingo e luns de carnaval e O Cruceiro, Santa Lucía a mediados de maio en O Cruceiro e A Nosa Señora da Asunción a comezos de agosto en O Cruceiro tamén.
E ata aquí a entrada de hoxe! Espero que vos seña de utilidade esta información que pasarades un tempiño entretidos.
Grazas por ver o meu blog e ata a seguinte!
Coñezo as boas festas do Val de Xestoso, espero que volvan para volver ir e, tamén, coñecer as demais. Bo blog!
ResponderEliminar!Qué bonito¡
ResponderEliminarVaya, es increíble que ganas de visitarlo!
ResponderEliminarUn lugar que desexo coñecer, e cantas ganas de ir de festa!
ResponderEliminarSuena bien!!
ResponderEliminarQue ganas de ir a alguna de esas fiestas!!
ResponderEliminar