Benvidos a Monfero!

 Ola curiosos e curiosas! Hoxe vou comezar o meu blog sobre Monfero contándovos datos xerais deste fermoso concello, para así metervos a curiosidade del, que merece a pena!


Monfero é un concello da provincia de A Coruña que colinda coa de Lugo, ten unha gran extensión (171'67 km cadrados), pero tan so conta con case 2000 habitantes. A él pertencen 7 parroquias, chamadas Val Xestoso, Alto Xestoso, San Fiz, Vilachá, Taboada, Santa Juliana e Queixeiro, sendo San Fiz o centro de Monfero.

Nel podemos atopar o Mosteiro de Santa María de Monfero, arredor do cal se celebra unha gran festa de tres días, cunha romaría o ultimo, chamada A Cela, a cal da comezo ao resto das festas do verán e á que acode xente de concellos veciños.

Tamén podemos visitar as Fragas do Eume, das cales a metade atopámola en Monfero, quedando a súa outra metade repartida en outros catro concellos. Podemos desfrutar delas dende diferentes miradores, nos cales podemos incluso ver Coruña e Ferrol (por aquí deixovos nomes e fotos dalgúns deles).


Mirador do Pico de Vales


Mirador da Carbueira

Mirador da Pendella


Con esta pequeniña introdución espero que vos pique a curiosidade e vos animedes a visitar este fermoso concello que, asegúrovos que non vos ides arrepentir, e que esperedes con ganas a seguinte entrada con máis información sobre él.

Grazas por ver o meu blog e ata a seguinte!







Comentarios

  1. Espectacular! A ver cuando me paso por alli...

    ResponderEliminar
  2. Si antes ya quería ir, ahora máaaaaaaaas

    ResponderEliminar
  3. Es un sitio muy bonito y con unas vistas impresionantes

    ResponderEliminar
  4. Hola querida bloggera que gañas de visitar a zona de novo, teremos que aproveitar agora que se pode!, ademáis ten multitude de opcións como rutas de senderismo que son todo un acerto e rutas en piragüa que son unha auténtica gozada. Un saúdo e segue mostrándonos máis!!

    ResponderEliminar
  5. Que ganas de ir, un sitio precioso

    ResponderEliminar
  6. Nunca me llamo la atención pero ahora tengo unas ganas locas de ir.

    ResponderEliminar
  7. Me ha dejado de piedra, me ha encantado pero en persona tiene que ser aún mejor. Este fin de semana voy a visitarlo. =)

    ResponderEliminar
  8. Se ve muy bonito el sitio, a ver si un día me paso por ahí

    ResponderEliminar

Publicar un comentario