Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

Que ofrece o noso concello á xuventude?

Imaxe
  Ola de novo curiosos e curiosas! A entrada de hoxe vai falar sobre que nos ofrece o concello de Monfero se estamos empadroados nel, e a verdade e que, aburrir, non vos ides aburrir, eso asegurado. O noso concello ofrécenos de forma gratuita e grazas a subvencións, moitas actividades durante todo o ano, as cales vos vou comentar por idades. -Para os máis pequenos (de 3 a 10 anos +/-): campamentos polas mañáns de verán, nos cales fan actividades divertidas, educativas... -Para a xuventude de entre 7 e 18 anos: aquí é onde atopamos o maior número de actividades, tales como:  *Campamentos de inverno: imos a esquiar a San Isidro (León) durante tres días. *Campamentos de verán: imos durante unha semana a calquera parte de España ou Portugal e realizamos actividades de risco como grandes tirolinas, salto en negativo, espeleobarranquismo... adaptadas á idade de cada un, actividades máis tranquilas como montar a cabalo, facer xogos, andainas, kaiak... e tamen sempre se lle dedica un ...

As nosas festas!

Ola de novo curiosos e curiosas! A entrada de hoxe vai falar sobre as festas que temos ao longo do ano en Monfero (tanto as que se fan como algunhas que xa non). Espero unha vez máis que desfrutedes descubrindo este fermoso lugar e uncluso que algún día nos visitedes! Imos ir por parroquias e comenzamos por...: -O Alto de Xestoso: nesta parroqui celébranse tres festas que son: Nosa Señora a mediados de setembro en A Graña, San Cosme a última semana de setembro en O Ferro e Santa Bárbara a mediados de decembro tamén en O Ferro. -O Val de Xestoso: catro festas: San Ildefonso a finais de xaneiro en Xiao, a Feira do Grelo en febreiro en O Canedo, San Pedro a finais de xullo en O Canedo e a Romaría dos Remedios a principios de setembro en O Canedo tamén. -Queixeiro: dúas festas: O Rosario a segunda semana de outubro en Vite e San Xurxo a finais de abril tamén en Vite. -San Fiz: esta é a parroquia que máis festas ten, chegando a 7: San Xulián a primeira semana de xaneiro en Lagares, a Festa ...