Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

Benvidos a Monfero!

Imaxe
 Ola curiosos e curiosas! Hoxe vou comezar o meu blog sobre Monfero contándovos datos xerais deste fermoso concello, para así metervos a curiosidade del, que merece a pena! Monfero é un concello da provincia de A Coruña que colinda coa de Lugo, ten unha gran extensión (171'67 km cadrados), pero tan so conta con case 2000 habitantes. A él pertencen 7 parroquias, chamadas Val Xestoso, Alto Xestoso, San Fiz, Vilachá, Taboada, Santa Juliana e Queixeiro, sendo San Fiz o centro de Monfero. Nel podemos atopar o Mosteiro de Santa María de Monfero, arredor do cal se celebra unha gran festa de tres días, cunha romaría o ultimo, chamada A Cela, a cal da comezo ao resto das festas do verán e á que acode xente de concellos veciños. Tamén podemos visitar as Fragas do Eume, das cales a metade atopámola en Monfero, quedando a súa outra metade repartida en outros catro concellos. Podemos desfrutar delas dende diferentes miradores, nos cales podemos incluso ver Coruña e Ferrol (por aquí deixovos nom...